Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de maio de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2008/45-0.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 1 de abril de 2014, ditou resolución pola que se lle dá traslado das actuacións realizadas ao alcalde do Concello de Carballo para que adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no capítulo II do título IV da LOUG, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Arnados, parroquia de Razo, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal a José Bardanca Longueira daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade, Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística