Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23198

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada para a contratación dun servizo de transporte adaptado, para persoas usuarias do servizo de atención diúrna, nos centros de día deste consorcio (lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/002/14/SE/TR.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dun servizo de transporte adaptado, para persoas usuarias do servizo de atención diúrna, nos centros de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 4.103.280 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento da adxudicación, excluído IVE, de cada lote).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: segundo a cláusula E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as 14.00 horas do día 2 de xullo de 2014.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se trataren de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A, o número do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2. Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 9 de xullo de 2014, ás 10.00 horas, e do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación a súa realización.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2014

P.D. (Comité Directivo do 9.12.2008; DOG do 31 de decembro)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar