O 21 de febreiro de 2014 publicouse a Orde do 17 de febreiro de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería para o curso 2014/15.
Unha vez estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola persoa titular da Xefatura Territorial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas e admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.
Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net e nos propios centros.
As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido no artigo 13 da Orde do 17 de febreiro para matricularse, presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto co certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net
De non formalizar a matrícula no prazo sinalado, considerarase decaída/o na súa solicitude.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 20 de maio de 2014
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo