Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23877

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Convocado por Resolución do 27 de agosto de 2013 (DOG nº 179, do 19 de setembro), a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Hospital Lucus Augusti, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Hospital Universitario Lucus Augusti, convocada pola Resolución do 27 de agosto de 2013 (DOG nº 179, do 19 de setembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O aspirante nomeado obterá un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG núm. 135, do 12 de xullo), de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada, perante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo, que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación , de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 5 de maio de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia.

Nome e apelidos: Jesús Antonio Arias Sampedro.

DNI: 33814445-Y.