Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23869

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de maio de 2014 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 23 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 4 de abril).

A Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 abril) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, establece na súa base décimo sexta que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Mediante a Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 26 de agosto) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores seleccionados no proceso selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres, convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril).

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril), agás Pilar Sánchez López, Mª Begoña Chouciño Tuset e Ana Couñago Álvarez, que teñen concedido o aprazamento da fase de prácticas, e María Begoña Pérez García, excluída do procedemento selectivo por falta de titulación.

Segundo. Declarar apta na fase de prácticas a Mirian Álvarez Martínez, nomeada funcionaria en prácticas pola Resolución do 18 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en execución da Sentenza do 28 de novembro de 2012, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Terceiro. Declarar apta na fase de prácticas a Pilar Campos Trabazo, nomeada funcionaria en prácticas pola Resolución do 22 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en estimación do recurso.

Cuarto. Declarar non apto na fase de prácticas a Juan Luis Iglesias Ferrón, de acordo coas actas da comisión cualificadora da fase de prácticas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria