Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a diversos interesados a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Meavía-Quintillán (Forcarei-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas da relación que se xunta que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou o día 20 de xaneiro de 2014 a aprobación do acordo da zona de concentración de Meavía-Quintillán (Forcarei-Pontevedra), que está exposto ao público no Concello de Forcarei e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 33.3 e 40 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución.

Para o caso de que teñan formulado alegacións en relación co proxecto, o resultado destas sería o que deriva das fichas de atribucións.

Contra o devandito acordo, que non pon fin á vía administrativa, os interesados da relación que se xunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 5 de maio de 2014

Miguel A. Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Propietario

Nome

38

Arca Villar, Clemencia

125

Vispo Chamosa, José Abel

168

Comunal Concello de Forcarei, lugar da Umia

170

Comunal Concello de Forcarei, lugar do Barrio

219

Filloy Carollo, Mª José

321

Martínez Barreiro, Delmira Gervasia

450

Pichel Vispo, Raúl

623

Silva Báscuas, Rafael

634

Andión Carballedo, Carlos