Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 30 de abril de 2014 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2012001062 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01214, modificado nº 1 corredor Brión-Noia. Treito: Martelo-Noia.

Clave: AC/03/008.01.3.2.M1.

Concello: Noia.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Carmen Rodríguez Vázquez e 3 máis

Carmen Rodríguez Vázquez e 3 máis

Carmen Rodríguez Vázquez e 3 máis

Carmen Rodríguez Vázquez e 3 máis

José Ramón Castro Castaño

María Carmen Querrero Blanco

Antonio Piñeiro González

Lorenzo Mariño Prego

30.1.2014

30.1.2014

30.1.2014

30.1.2014

30.1.2014

30.1.2014

30.1.2014

30.1.2014

2012001062

2012001064

2012001065

2012001067

2012001098

2012002526

2012002527

2012002703

72 CO

193 CO

347 CO

440 CO

3103

3031

3084

3177

105,15

279,01

129,15

2.951,03

759,96

2.457,40

501,86

664,37