Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24803

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de maio de 2014, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se require a retirada dos mobles da vivenda desocupada de titularidade deste instituto (expediente PO-82/030, conta 15).

Requírense aquelas persoas que poidan ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo, situada na rúa Illa de Tambo, número 69, 5º C, Poio (Pontevedra), para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1ª da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra. Teléfonos: 986 80 56 18/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 6 de maio de 2014

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra