Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2014/69-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS enlace L2, CT Pedras do Tea.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1, de 252 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Pedras do Tea e final no apoio proxectado 4ES0304 na liña principal nº 2, Queidores, O Ceo. A instalación está situada en Barral, Areas, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de abril de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra