Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución da procedencia de reintegro de axuda ao programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR347D 2009/38-2 e TR347D 2009/136-2

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia desta cédula, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de maio de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2009/38-2.

Nome: Domotec Lugo, C.B.

DNI/NIF: E27348010.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Villamil, 28, baixo, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, número 1, do anexo D, da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada o 21 de marzo de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR347D 2009/136-2.

Nome: Humberto Américo Covarrubia.

DNI/NIF: X8348785S.

Último enderezo coñecido: r/ Bidueiro, 19, 1º F, 27004 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, número 1, do anexo D, da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada o 24 de marzo de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.