Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Hermo Fernández.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 207/2014 (procedemento abreviado), interposto por María del Carmen Hermo Fernández contra a Resolución do 18 de febreiro de 2014, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que estima parcialmente o recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (DOG número 198, do 16 de outubro de 2013).

A recorrente manifesta que na epígrafe de experiencia profesional non se lle valorou correctamente a permanencia e dispoñibilidade nas listaxes de contratación de curta duración.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos