Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de maio de 2014 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Grovense Mejillones, S.A. (concello do Grove). Clave DH.D36.43239.

Con data do 15 de abril de 2014 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Grovense de Mejillones, S.A., pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e faiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia