Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a adxudicación do servizo de limpeza dos edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de limpeza na casa do concello, colexio público, gardaría, pavillóns O Cruceiro e O Viso, edificio Terra do Queixo, casa da cultura e o edificio Centro Sociocultural María Mariño.

b) Nomenclatura CPV-2008: 90911200-8.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimiento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento máximo de licitación: 176.000 euros+ 36.960 (21 % IVE)= 212.960 euros.

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil de contratante:
www.concellodearzua.com.

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Criterios de valoración:

– Criterios de valoración avaliables mediante xuízos de valor:

a) Plan de traballo específico e adaptado ao servizo: ata 25 puntos.

b) Melloras propostas: ata 20 puntos.

– Criterios de valoración avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

a) Oferta económica: ata 30 puntos.

b) Número de horas ao mes que se dedicarán ao servizo e que se consideran necesarias para a correcta execución deste: ata 25 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Domentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11ª, nº 3, do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do concello.

10. Apertura das ofertas:

A Mesa de Contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 13 de maio de 2014

José Luis García López
Alcalde