Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25365

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se dá publicidade a diversos acordos referentes ao segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesións que tiveron lugar os días 26 e 27 de maio de 2014, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Que, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta (50) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal