Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25221

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

No marco establecido no artigo 40 da Constitución española; na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego; nos artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia; e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia europea de emprego, o Plan estratéxico Galicia 2010-2014, de xuño de 2010, é preciso adoptar políticas dirixidas a favorecer a contratación indefinida e a transformación de contratos temporais en indefinidos das persoas traballadoras, especialmente das mulleres, persoas mozas, traballadores en risco de exclusión social, mellorando os indicadores laborais na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta o exercicio das competencias e funcións relativas á xestión das políticas activas de emprego.

Na presente orde continúase cunha estrutura de incentivos ligada ao fomento das contratacións indefinidas iniciais realizadas especialmente cos colectivos de desempregados que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral e ao mantemento do emprego de carácter estable mediante incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos, dos que se beneficiarán exclusivamente as microempresas.

En cumprimento do artigo 71 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, segundo o cal, para a regulación dos incentivos á contratación por conta allea, se considera colectivo prioritario o integrado polas persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia para favorecer a súa incorporación laboral, esta orde, co obxecto de apoiar de xeito máis decidido a integración social dos colectivos en situación ou risco de exclusión social, incentiva a súa contratación, tanto indefinida como temporal.

Co obxectivo de vincular todas as políticas activas de emprego e da implicación real do tecido empresarial na recuperación do mercado laboral, continúase nesta orde coa obrigatoriedade da participación activa nos programas de fomento da empregabilidade por parte das persoas desempregadas potenciais beneficiarios dos programas de incentivos á contratación.

Como novidade, aos tres programas regulados na orde do ano 2013 engádense dous programas destinados a favorecer a contratación temporal de persoas mozas menores de 30 anos.

Este é un dos colectivos especialmente afectados pola actual crise económica e que presenta elevadas taxas de desemprego. Non obstante as persoas mozas non constitúen un grupo homoxéneo, son os máis desfavorecidos, é dicir, os que teñen menores cualificacións, os que requiren respostas máis específicas e maiores esforzos por parte de todos. Así, neste sentido, ponse en marcha un programa que fomenta o contrato para a formación e a aprendizaxe, regulado no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, e que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas traballadoras nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo, no que tamén poden formar parte os concellos e as deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén se pon en marcha outro programa que incentiva o contrato temporal de persoas mozas menores de 30 anos que nos 3 meses anteriores á contratación carecesen de ocupación, de xeito que estes poidan adquirir a experiencia que lles falta mediante unha relación laboral efectiva para evitar situacións de paro de longa duración e afastando a potencialidade de que xurdan novas situacións de risco ou desvantaxe social.

Os programas desta orde están cofinanciados polo Fondo Social Europeo (en diante FSE), nunha porcentaxe do 80 por cento, no eixe 1, tema prioritario 63, que inclúe medidas dirixidas a fomentar a contratación indefinida e a transformación de contratos temporais en indefinidos da poboación galega traballadora, e no eixe 2, tema prioritario 66, que inclúe medidas dirixidas a fomentar a contratación temporal e indefinida das persoas traballadoras mozas, e no eixe 2, tema prioritario 71, co fin de potenciar mercados de traballo máis inclusivos a través de incentivos á contratación de colectivos en risco de exclusión social, a través do programa operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007. Este cofinanciamento farase constar nas resolucións de concesión. Así mesmo, estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

As bases que rexen os programas regulados nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia no solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo de informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Capítulo I
Ámbito e réxime das axudas

Artigo 1. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2014 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, en especial, as persoas mozas desempregadas menores de 30 anos, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego, a través dos seguintes programas:

I. TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial. Programa CONII (anexo I).

II. TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. Programa Estabiliza (anexo II).

III. TR349D. Programa de incentivos á contratación temporal de colectivos en risco de exclusión social. Programa Inserta (anexo III).

IV. TR349G. Programa de incentivos ao contrato para a formación e a aprendizaxe (anexo IV).

V. TR349H. Programa de incentivos á contratación temporal de persoas mozas desempregadas menores de 30 anos (anexo V).

2. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

Por tratarse de subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo serán de aplicación: o Regulamento (CE) 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo (DOUE L 210, do 31 de xullo de 2006), o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 210, do 31 de xullo de 2006) e o Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e o Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007) e Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro (BOE nº 252, do 18 de outubro), pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE nº 79, do 1 de abril), modificada pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE nº 167, do 13 de xullo).

3. A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta orde, entenderase:

1. Persoa desempregada: aquela que estea inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego na data de alta na Seguridade Social realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

O órgano xestor comprobará directamente que a persoa traballadora pola que se solicita subvención carece de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data da súa alta no réxime xeral da Seguridade Social.

2. Persoas en situación ou risco de exclusión social: para os efectos desta orde terán a consideración de persoas en situación ou risco de exclusión social as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, tras a verificación da ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia:

a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.

b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.

c) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.

d) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.

e) Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.

f) Ser inmigrante ou emigrante retornado.

g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.

h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.

i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.

j) Pertencer a unha minoría étnica.

k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.

l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.

m) Calquera outro factor non previsto expresamente no artigo 3 da Lei 10/2013, sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.

3. Persoa desempregada de longa duración: aquela que na data da súa alta no correspondente réxime de Seguridade Social, estea sen traballo e acredite un período de inscrición ininterrompido como persoa desempregada na oficina de emprego de 180 días, se son menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade, ou de 360 días, se teñen 25 anos ou máis e son menores de 45 anos.

4. Persoa desempregada que esgotase as prestacións por desemprego: aquela que extinguise por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo ou calquera outra prestación non contributiva facilitada desde o Servizo Público de Emprego. No caso de que non tivese dereito á percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo, que esgotase o subsidio de desemprego; e, en ambos os dous casos, non desempeñase ningún traballo, nin por conta allea nin propia, desde a data de esgotamento.

5. Persoa nova desempregada sen cualificación: aquela persoa que tendo menos de 30 anos de idade non estea en posesión dun título profesional que a habilite para formalizar un contrato en prácticas segundo o artigo 11.1 do Estatuto dos traballadores.

6. Microempresa: a empresa en que a media aritmética do seu cadro de persoal no ámbito territorial de Galicia nos doce meses anteriores á realización da contratación obxecto de subvención, sexa inferior a 10, e cuxo volume de negocios anual non supere os 2 millóns de euros. O cálculo do número de persoas traballadoras do período de referencia será o cociente que resulte de dividir o número total de horas traballadas nos 12 meses anteriores polo número de horas anuais dunha persoa traballadora a tempo completo establecido no Convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

7. Custo salarial: importe mensual que lle vai supoñer á empresa ter unha persoa traballadora contratada. Nel están incluídos única e exclusivamente o salario bruto e os custos sociais a cargo da empresa.

8. Concello rural: aquel que teña unha poboación de menos de 20.000 habitantes. Para computar o número de habitantes dos concellos galegos tomaranse como referencia as cifras de poboación referidas ao 1 de xaneiro de 2013, resultantes da revisión do padrón municipal, publicadas polo Instituto Nacional de Estatística e declaradas oficiais mediante o Real decreto 1016/2013, do 20 de decembro (BOE nº 311, do 28 de decembro).

9. Participante activo: aquela persoa desempregada inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego que participase ou participe nalgún dos programas de fomento da empregabilidade. A comprobación da condición de persoa participante activa realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto da Comunidade Autónoma de Galicia.

10. Programas de fomento da empregabilidade: aqueles programas incluídos nas políticas activas de emprego destinados ao fomento do emprego e á mellora da empregabilidade xestionados pola Consellería de Traballo e Benestar, a partir do ano 2009:

– Programas formativos.

– Programas mixtos de formación e emprego.

– Programas de orientación.

– Programas de intermediación laboral.

– Programas de emprego-prácticas laborais.

– Programas de cooperación.

– Calquera outro programa xestionado pola Consellería de Traballo e Benestar.

11. Taxa de estabilidade: a porcentaxe do persoal traballador fixo sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás os concellos e as deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia para o programa establecido no anexo IV desta orde.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

Capítulo II
Normas comúns de procedemento

Artigo 4. Competencia

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas presentadas ao abeiro dos anexos I, II e III desta orde, por delegación da persoa titular da consellería de Traballo e Benestar, corresponderalles ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar polas contratacións que se realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados na respectiva provincia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas presentadas ao abeiro dos anexos IV e V desta orde, por delegación da persoa titular da consellería de Traballo e Benestar, corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

Artigo 5. Solicitudes e prazo

1. As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria.

2. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar; http://traballo.xunta.es

3. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2013, ou se é o caso o 1 de xaneiro de 2014, e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo dun mes desde a entrada en vigor desta orde.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

4. As axudas previstas nos diferentes programas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.

5. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

6. Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.

Artigo 6. Autorizacións

1. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola entidade interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non obstante, quen solicita poderá denegar expresamente o consentimento; daquela deberá entregar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autonónoma. Os concellos e as deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia poderán presentar unha declaración responsable asinada polo representante legal.

2. Mediante a presentación da solicitude de subvención a persoa interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 153, do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o Cixtec como responsable dos ficheiros con domicilio na rúa Domingo Fontán, 9, 15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. A persoa interesada, mediante o anexo I-A, II-A, III-A, IV-A e V-A desta orde, poderá autorizar expresamente a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos seus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade. En caso de non prestar a autorización deberá presentar a fotocopia do documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.

4. Coa presentación da solicitude de subvención a entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar para que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario co que se imputan, a entidade beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención, e na páxina web oficial da Consellería de Traballo e Benestar.

5. En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán ao ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e entidades para o seu tratamento coa finalidade da xestión, avaliación, seguimento e estatística deste procedemento. A presentación da solicitude supón a cesión de datos persoais á Consellería de Traballo e Benestar por parte da entidade solicitante, polo que esta é responsable de informar o traballador ou traballadora sobre a existencia e finalidade da cesión así como da obtención do seu consentimento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, pódense exercer dirixindo un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, como responsable do ficheiro, no enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico: lopd.traballo@xunta.es

Artigo 7. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. O órgano instrutor dos expedientes correspondentes aos anexos I, II e III será nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar o Servizo de Traballo e Economía Social; e dos expedientes correspondentes aos anexos IV e V o Servizo de Fomento da Contratación por Conta Allea da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

3. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se achega a documentación exixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán a persoa interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo da resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

4. Cando a persoa traballadora pola que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda, entenderase que a empresa desiste da súa solicitude. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o que solicitou a axuda.

Artigo 8. Resolución e recursos

1. Logo da fiscalización pola correspondente intervención da proposta emitida polo correspondente servizo instrutor, a resolución ditaraa o órgano competente por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar e seralle notificada á persoa interesada. As resolucións de concesión ou denegación serán sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar é de cinco meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este, sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Por estar a axuda cofinanciada polo Fondo Social Europeo, na resolución de concesión informarase a persoa beneficiaria de que a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das persoas beneficiarias, das operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación e de que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L/45, do 15 de febreiro de 2007).

Artigo 9. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Capítulo III
Incompatibilidades e concorrencia

Artigo 10. Incompatibilidades e concorrencia

1. Os incentivos establecidos para cada colectivo ou modalidade de contratación recollidos nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma contratación poida dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os que está prevista a subvención, correspóndelle a opción á persoa solicitante.

2. As axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

3. Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 11. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas:

a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas có Fondo Social Europeo, a entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006.

b) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos, tal e como establece o artigo 11.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

d) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto de subvención.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, as persoas ou entidades beneficiarias garantirán, durante un período de tres anos a partir do peche do programa operativo ou ben durante un período de tres anos a partir do ano en que tivese lugar o peche parcial deste, a dispoñibilidade dos documentos xustificativos das contratacións subvencionadas.

f) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, así como cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e o Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007). Neste sentido, a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública conforme o establecido no artigo 8.5 desta orde.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 12. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As obrigas de reintegro establecidas nos anexos desta orde, entenderanse sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 13. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Novagalicia Banco ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 14. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma, a Consellería de Traballo e Benestar levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

2. As xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar e a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean ao dispor da Consellería de Traballo e Benestar para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Artigo 15. Réxime de axudas

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro de 2013). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión da subvención. Polo tanto a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante o período dos dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal actual da empresa solicitante, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte pola estrada. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1487/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013.

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (CE) nº 1379/2013 do Consello.

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i. Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

ii. cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade desta se repercuta aos produtores primarios.

d) As axudas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Disposición adicional primeira

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar nos xefes e xefas territoriais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nos anexos I, II e III desta orde, e no director xeral de Traballo e Economía Social para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nos anexos IV e V desta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións concesorias das que derivan, ditadas por delegación da conselleira.

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social para a tramitación e resolución dos expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Disposición adicional segunda

A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Disposición adicional terceira

No exercicio económico 2014, as axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.02.322C.472.1 código de proxecto 2014 00518 cun crédito de 4.250.000 euros; 11.02.322C.472.3, código de proxecto 2014 00519, cun crédito de 3.287.500 euros; 11.02.322C.481.0, código de proxecto 2014 00521, cun crédito de 20.000 euros; 11.02.322C.460.0, código de proxecto 2014 00519, cun crédito de 400.000 euros. Estas contías están recollidas na Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Estas axudas son financiables polo FSE ao 80 % no programa operativo FSE Galicia 2007-2013, no eixe 1, tema prioritario 63 e no eixe 2, temas prioritarios 66 e 71.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I
TR349A. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (Programa CONII)

Primeira. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014.

2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade, sendo prioritarios os seguintes colectivos de persoas traballadoras que sexan contratadas con carácter indefinido:

a) Persoas desempregadas de longa duración.

b) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.

c) Persoas desempregadas perceptoras da Risga.

d) Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.

e) Mozas e mozos desempregados sen cualificación.

f) Persoas desempregadas vítimas de violencia de xénero.

g) Persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.

h) Mulleres desempregadas.

Segunda. Requisitos

1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que nalgún dos 3 meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

4. As persoas desempregadas deberán ser contratadas con carácter indefinido nunha ocupación correspondente coa súa titulación profesional ou certificado de profesionalidade, agás as persoas que non estean en posesión de ningunha titulación profesional ou certificado de profesionalidade.

5. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser pactada entre o 35 % e o 75 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

6. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Terceira. Contías dos incentivos

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

– 5.400 euros.

– 5.900 euros cando as contratacións sexan realizadas con mulleres ou con persoas mozas desempregadas de menos de 30 anos de idade.

– 6.300 euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas; 6.800 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller ou cunha persoa moza desempregada de menos de 30 anos de idade.

– 7.200 euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural; 7.700 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller ou cunha persoa moza desempregada de menos de 30 anos de idade.

No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal no mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do 75 % de persoal indefinido as contías das axudas serán as seguintes:

– 6.000 euros.

– 6.500 euros cando as contratacións sexan realizadas con mulleres ou con persoas mozas desempregadas de menos de 30 anos de idade.

– 7.000 euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas e 7.500 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller ou cunha persoa moza desempregada de menos de 30 anos de idade.

– 8.000 euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural; 8.500 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller ou cunha persoa moza desempregada de menos de 30 anos de idade.

2. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Cuarta. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

Quinta. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo I-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se o solicitante é persoa xurídica, DNI ou NIE da persoa representante e poder suficiente para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.

2. Declaración da media do cadro de persoal, neto e fixo, de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada (anexo I-B).

3. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención na que se inclúan os custos salariais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo I-C) e a nómina do mes de contratación.

4. Documentos TC2 correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación e, se é o caso, documentos TC2 correspondentes ás mensualidades da contratación obxecto de solicitude de subvención.

No caso de microempresas, documentos TC2 correspondentes ás doce mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación e, se é o caso, documentos TC2 correspondentes ás mensualidades da contratación obxecto de solicitude de subvención.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base segunda punto 3 deste anexo.

5. Documentos acreditativos das características que determinen a súa pertenza ao correspondente colectivo subvencionado. Se é o caso, declaración responsable asinada pola persoa representante da empresa e pola persoa traballadora pola que se solicita subvención conforme foi contratada nunha ocupación correspondente á súa titulación profesional o ao seu certificado de profesionalidade.

6. De ser o caso, acreditación da condición de microempresa (anexo I-F).

7. A documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

Sexta. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación, no prazo, nos termos e no modo que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, entre a cal deberá figurar:

a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo I-E.

c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo I-D).

d) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso nas axudas deste anexo respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro (BOE nº 252, do 18 de outubro), pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE nº 79, do 1 de abril), modificada pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE nº 167, do 13 de xullo).

Sétima. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual á anterior, e a persoa traballadora deberá ter a condición de participante activa e pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta substitución deberá realizarse ata o último día do mes seguinte ao da baixa.. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da contratación indefinida inicial, que se contarán desde o mes de realización da contratación.

3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderalle á Dirección Xeral de Traballo e Economía Social levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo e neto no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberá presentarse respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os documentos TC2 das 24 mensualidades.

Oitava. Reintegro

Procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

1. Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida na base sétima punto 1 deste anexo, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido na antedita base, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que diferenciar entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial que procederá nos seguintes casos:

a) Se se efectuou a substitución pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que hai que reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computándose para estes efectos o prazo que se concede para proceder á substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E, multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses nos cales o posto de traballo estivese en vacante.

b) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual ao da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que hai que reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

c) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita cunha nova persoa traballadora pertencente a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causou baixa.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería á nova contratación e o cálculo da contía que hai que reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que correspondería en función do colectivo da persoa traballadora substituta, e divídese tamén entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses nos cales a subvención sería inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

2. Cando a empresa beneficiaria incumpra a obriga establecida na base sétima punto 2 deste anexo procederá o reintegro da axuda. Para o cálculo da contía que hai que reintegrar terase en conta a contía mínima de subvención concedida á empresa por cada persoa traballadora subvencionada, sendo esta a contía que se aplicará por cada un dos empregos diminuídos.

ANEXO II
TR349C. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa Estabiliza)

Primeira. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as seguintes transformacións de contratos temporais en indefinidos:

a) As que se formalizasen desde o 1 de outubro de 2013 e ata a data de publicación desta orde, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente o 30 de setembro de 2013. Cando se trate de transformacións en indefinidos de contratos en prácticas, para a formación, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación, non será necesario que o contrato temporal estivese vixente o 30 de setembro de 2013.

b) As que se formalicen desde a data de entrada en vigor desta orde e ata o 30 de setembro de 2014, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente na data da publicación desta orde. Cando se trate de transformación en indefinidos de contratos en prácticas, para a formación, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación, non será necesario que o contrato temporal estivese vixente na data de publicación desta orde.

2. Para os efectos deste programa entenderase que se produce a transformación dun contrato temporal en indefinido en todos aqueles casos nos que ambas as dúas modalidades contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos en que o inicio da relación laboral indefinida teña lugar o día seguinte ao do termo da vixencia do contrato temporal do que trae causa.

Segunda. Requisitos

1. As transformacións de contratos temporais en indefinidos serán realizadas por empresas que teñan a condición de microempresa.

2. Como consecuencia da contratación indefinida pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto da media dos 3 meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola cal se solicita subvención.

No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por demisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

3. Non se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.

4. No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).

Nos supostos de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

5. Se a transformación se produce con anterioridade ao remate da duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado e reducirase na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

6. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Terceira. Contía dos incentivos

1. A transformación de contratos temporais en indefinidos incentivarase con 2.000 euros.

2. A contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

3. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Cuarta. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Quinta. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se a persoa solicitante é persoa xurídica, DNI ou NIE da persoa representante e poder suficiente para actuar en nome da entidade e o NIF da empresa.

2. Declaración do cadro de persoal fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia de cada un dos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a transformación (anexo II-B).

3. Documentos TC2 correspondentes ás doce mensualidades anteriores ao mes de realización da transformación e, se é caso, documentos TC2 correspondentes á mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base segunda deste anexo.

4. Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención na cal se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola cal se solicita subvención (anexo II-C) e a nómina do mes de contratación.

5. Acreditación da condición de microempresa (anexo II-F).

6. A documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

Sexta. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación, no prazo, nos termos e no modo que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, entre a cal deberá figurar:

a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar ás persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos (anexo II-E).

c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo II-D).

d) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, e fronte á Seguridade Social, ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso nas axudas deste anexo respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro (BOE nº 252, do 18 de outubro), pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE nº 79, do 1 de abril), modificada pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE nº 167, do 13 de xullo).

Sétima. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da transformación subvencionada.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante, polo menos en tempo de dedicación igual á anterior, cunha nova transformación dun contrato temporal que estivese vixente na data de baixa da persoa traballadora substituída e, de non ser isto posible, cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa desempregada que teña a condición de participante activa e inscrita no Servizo Público de Emprego. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

2. Manter o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da transformación subvencionada durante 2 anos que se contarán desde o mes de realización da transformación.

3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas corresponderá á Dirección Xeral de Traballo e Economía Social levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberá presentarse de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os documentos TC2 das 24 mensualidades.

Oitava. Reintegro

Procederá o reintegro das axudas, cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

1. Cando a entidade beneficiaria incumpra a obriga establecida na base sétima punto 1 deste anexo, por cada contratación subvencionada e non substituída conforme o establecido na antedita base, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Neste suposto hai que distinguir entre o reintegro total, cando non se leve a cabo a substitución da persoa traballadora que causou baixa, e o reintegro parcial que procederá nos seguintes casos:

a) Se se efectuou a substitución pero esta non foi feita no prazo anteriormente indicado.

O cálculo da contía que hai que reintegrar parcialmente farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses a subvención concedida.

ii. Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computándose para estes efectos o prazo que se concede para proceder a substitución. Así mesmo, o mes en que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

iii. E, multiplícase o importe obtido na operación primeira (i) polo número de meses en que o posto de traballo estivera vacante.

b) Se se efectuou a substitución, pero esta non foi feita polo menos cunha xornada de traballo igual ao da persoa que causou baixa, ou no suposto dunha modificación da xornada de traballo da persoa contratada e subvencionada.

Procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería pola xornada inferior e o cálculo da contía que hai que reintegrar farase do seguinte xeito:

i. Divídese entre vinte e catro meses o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate.

ii. Calcúlase a subvención que lle correspondería en función da nova xornada de traballo e divídese entre vinte e catro meses.

iii. Á contía obtida na operación primeira (i) réstaselle a contía obtida na operación segunda (ii).

iiii. O resultado multiplícase polo número de meses que resten ata cumprir os vinte e catro, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a substitución será computado entre os meses con xornada inferior, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

2. Cando a empresa beneficiaria incumpra a obriga establecida na base sétima punto 2 deste anexo, procederá o reintegro da axuda. Para o cálculo da contía que hai que reintegrar terase en conta a contía mínima da subvención concedida á empresa por cada persoa traballadora subvencionada, sendo esta a contía que se aplicará por cada un dos empregos fixos diminuídos.

ANEXO III
TR349D. Programa de incentivos á contratación temporal (Programa Inserta)

Primeira. Ámbito temporal de aplicación

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as modalidades de contratación temporal que cumprindo os requisitos establecidos neste anexo, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014.

Segunda. Contratos de interinidade para favorecer a conciliación

1. Serán subvencionables os contratos de interinidade que se realicen con persoas desempregadas para substituír a persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, nos supostos e termos previstos no artigo 46.3 do Estatuto dos traballadores, ou con redución de xornada de traballo por motivos familiares, nos supostos e termos previstos no artigo 37.5 do Estatuto dos traballadores, e sempre que, en virtude de disposición legal ou convenio colectivo de aplicación, se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo.

2. O contrato de interinidade se formalizarase por un período non inferior a 4 meses nin superior a 3 anos.

3. O contrato de interinidade deberá realizarse cunha persoa desempregada que teña a consideración de participante activa nos programas de fomento da empregabilidade.

4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Terceira. Contratos temporais para favorecer a inclusión

1. Serán subvencionables os contratos de natureza temporal que se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 2.2 desta orde.

2. Son subvencionables todas as modalidades contractuais de carácter temporal sempre que se formalicen cunha duración mínima de 6 meses.

3. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Cuarta. Contías dos incentivos

1. Os contratos temporais que cumpran os requisitos da base terceira deste anexo, incentivaranse de acordo coa seguinte escala:

Duración do contrato

Axudas

6 meses

2.500 €

7 meses

2.900 €

8 meses

3.300 €

9 meses

3.700 €

10 meses

4.100 €

11 meses

4.550 €

12 meses

5.000 €

2. Os contratos de interinidade que cumpran os requisitos da base segunda deste anexo incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros, que se reducirá proporcionalmente cando a súa duración sexa por un período inferior a un ano.

3. As contías das subvencións establecidas nos puntos 1 e 2 desta base serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

4. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

Quinta. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao incluído, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Sexta. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo III-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se a persoa solicitante é persoa xurídica, DNI ou NIE da persoa representante e poder suficiente para actuar en nome da entidade e o NIF da empresa.

2. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo III-B) e a nómina do mes de contratación.

3. No caso da base segunda, documento acreditativo da baixa e da situación de excedencia polo coidado de familiares ou, se é o caso, da redución da xornada por motivos familiares.

4. No suposto da base terceira, certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social.

5. A documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

Sétima. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación, no prazo, nos termos e no modo que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, entre a cal deberá figurar:

a) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos (anexo III-D).

b) Declaración complementaria da presentada coa solicitude do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo III-C).

c) Se e o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

2. Non se poderá realizar o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso nas axudas respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro (BOE nº 252, do 18 de outubro), pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE nº 79, do 1 de abril), modificada pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE nº 167, do 13 de xullo).

Oitava. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Nas axudas á contratación temporal de persoas que pertenzan aos colectivos en risco ou situación de exclusión social, a entidade beneficiaria deberá manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante no prazo dun mes, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior, e a nova persoa traballadora deberá ser desempregada, participante activa e pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa, o que deberá serlle comunicado ao órgano que concedeu a axuda. Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda.

2. Nas axudas para a substitución das persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares, a empresa beneficiaria ten as seguintes obrigas:

a) Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora subvencionada ao abeiro deste programa polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

No suposto de cesamento da persoa traballadora interina, a cobertura do posto de traballo por unha nova persoa traballadora desempregada terá que realizarse durante o período da substitución, e no prazo dos dez días seguintes ao da baixa, feito que deberá de ser comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda. Esta incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda.

b) Comunicar a data de incorporación ao posto de traballo da persoa substituida dentro do mes seguinte a aquel en que esta se produza.

Novena. Reintegro

1. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, polo tanto, procederá o reintegro parcial da axuda cando a persoa traballadora non sexa substituída pola empresa unha vez transcorrera a duración mínima do contrato para que este poida ser subvencionado. O cálculo da contía que se reintegrará farase en función dos meses en que a persoa traballadora estivo na empresa en relación coa duración total do contrato obxecto de subvención.

2. Entenderase que se produce un incumprimento total e, polo tanto, procederá o reintegro total do incentivo cando a persoa traballadora subvencionada cese na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituílo.

ANEXO IV
TR349G. Programa de fomento do contrato para a formación e a aprendizaxe

Primeira. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa os contratos para a formación e a aprendizaxe formalizados desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 30 de setembro de 2014.

2. O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá adecuarse ao establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

3. Os concellos e as deputacións provinciais poderán solicitar as axudas previstas neste anexo con anterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe sempre que coa solicitude acheguen o acordo para a formación. As empresas e as entidades empregadoras deberán solicitar esta axuda con posterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

Segunda. Requisitos

1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións para a formación e a aprendizaxe que se realicen con persoas mozas desempregadas maiores de 16 anos e menores de 30 anos que carezan da cualificación profesional recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

2. Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano e deberán ser realizados con persoas desempregadas que cumpran os requisitos exixidos no punto 1 desta base e que teñan a consideración de participante activa nos programas de fomento da empregabilidade.

3. Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención, agás que as contratacións sexan realizadas por concellos e deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por finalización do contrato.

4. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Terceira. Contías dos incentivos

1. Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 euros, sempre que o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75 % da xornada de traballo, e a parte proporcional se a xornada de traballo é menor.

2. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial anual correspondente ao contrato que se subvenciona.

Cuarta. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade ou dos órganos de goberno dos concellos e deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

Quinta. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo IV-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se a persoa solicitante é persoa xurídica, DNI ou NIE da persoa representante e poder suficiente para actuar en nome da entidade e o NIF da empresa. No caso de que as contratacións sexan realizadas por concellos e deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia, o poder suficiente substitúese por unha certificación do secretario en que conste a representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.

2. Declaración da media do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada (anexo IV-B).

3. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo IV-C) e a nómina do mes de contratación.

4. Documentos TC2 correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación, e se é o caso, documentos TC2 correspondentes á mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base segunda punto 2.

5. Acordos para a activade formativa no contrato para a formación e a aprendizaxe debidamente autorizados.

6. A documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

Sexta. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación, no prazo, nos termos e no modo que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, entre a cal deberá figurar:

a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da entidade beneficiaria da obriga de informar as persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos (anexo IV-E).

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, complementaria da presentada coa solicitude (anexo IV-D).

d) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

2. Non se poderá realizar o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso nas axudas deste anexo respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro (BOE nº 252, do 18 de outubro), pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE nº 79, do 1 de abril), modificada pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE nº 167, do 13 de xullo).

Sétima. Obrigas das entidades beneficiarias

Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

Oitava. Reintegro

1. No suposto de extinción da relación laboral temporal dunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, por propia vontade desta, entenderase que se produce incumprimento parcial, e polo tanto, procederá o reintegro parcial. A contía que hai que reintegrar será proporcional aos meses que restan para o cumprimento da obriga establecida na base sétima.

2. No suposto de extinción da relación laboral temporal dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, por morte ou por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez desta, entenderase que non se produce incumprimento, e polo tanto, non procederá o reintegro.

3. Nos demais casos entenderase que se produce un incumprimento total e, polo tanto, procederá o reintegro total dos incentivos.

ANEXO V
TR349H. Programa de incentivos á contratación temporal de persoas mozas desempregadas menores de 30 anos

Primeira. Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 30 de setembro de 2014.

Segunda. Requisitos

1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo, agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe, que se realicen con persoas mozas desempregadas menores de 30 anos que nos 3 meses anteriores á data da contratación carezan de ocupación e que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade.

2. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 6 meses e deberán ser realizadas con persoas desempregadas que cumpran os requisitos exixidos no punto 1 desta base e que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade.

3. Como consecuencia da contratación temporal pola cal se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por finalización do contrato.

4. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Terceira. Contías dos incentivos

1. As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda de 200 euros mensuais ata o tope de 12 mensualidades.

2. Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.

Cuarta. Exclusións

Exclúense dos beneficios regulados nesta orde:

1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

2. Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

4. As persoas traballadoras que rematen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.

Quinta. Solicitudes e documentación

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo V-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

Se a persoa solicitante é persoa xurídica, DNI ou NIE da persoa representante e poder suficiente para actuar en nome da entidade e o NIF da empresa.

2. Declaración da media do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada (anexo V-B).

3. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo V-C) e a nómina do mes de contratación.

4. Documentos TC2 correspondentes ás tres mensualidades anteriores ao mes de realización da contratación, e se é o caso, documentos TC2 correspondentes a mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

Se é o caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base segunda punto 3.

5. A documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes.

Sexta. Xustificación e pagamento

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación, no prazo, nos termos e no modo que se exixa de forma expresa na resolución de concesión, entre a cal deberá figurar:

a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos (anexo V-E).

c) Declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, complementaria da presentada coa solicitude (anexo V-D).

d) Se é o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e a subvención concedida. Os documentos que se acheguen deben incluír as contas ou as subcontas nas que se contabilizaron, as datas e os números dos asentos contables, e indicación específica do seu financiamento polo Fondo Social Europeo.

2. Non se poderá realizar o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

3. En todo caso nas axudas deste anexo respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro (BOE nº 252, do 18 de outubro), pola cal se determinan os gastos subvencionables polo FSE modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo (BOE nº 79, do 1 de abril), modificada pola Orde ESS/1337/2013, do 3 de xullo (BOE nº 167, do 13 de xullo).

Sétima. Obrigas das entidades beneficiarias

Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

No suposto de extinción da relación laboral dunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación temporal, polo menos en tempo de dedicación igual ao anterior, e a nova persoa traballadora deberá ter a condición de participante activa e pertencer ao colectivo de persoas beneficiarias deste programa. Esta substitución deberase realizar ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

Oitava. Reintegro

1. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, polo tanto, procederá o reintegro parcial das axudas cando a persoa traballadora non sexa substituída pola empresa unha vez transcorrese a duración mínima do contrato para que este poida ser subvencionado. O cálculo da contía que se reintegrará farase en función dos meses en que a persoa traballadora estivo na empresa en relación coa duración total do contrato obxecto de subvención.

2. Entenderase que se produce un incumprimento total e, polo tanto, procederá o reintegro total dos incentivos cando a persoa traballadora subvencionada cese na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituílo.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file