Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (304/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 304/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Vilariño Feáns contra Moure Pan, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. No procedemento de referencia ditouse sentenza con data 11.12.2013, en cuxo encabezamento figura como citado ao acto do xuízo o Fogasa.

Segundo. O 18.12.2013, o Fogasa presentou recurso de aclaración fronte á anterior sentenza.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que poidan presentar as sentenzas e os autos e que sexa necesario remediar para levar plenamente a efecto esas resolucións poderán ser corrixidas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se trata de sentenzas ou autos que omitisen manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advirte en sentenzas ou autos ditados as omisións a que se refire o número anterior poderá, no prazo de cinco días contado desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que acordase.

4. Non caberá ningún recurso contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Non obstante o anterior, na sentenza cuxa aclaración se pretende prodúcese claramente un erro de transcrición que debe ser emendado no sentido solicitado, xa que das actuacións se desprende que, efectivamente, o Fogasa non foi citado ao acto do xuízo.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación.

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que consta no encabezamento da sentenza, o cal debe quedar redactado da seguinte maneira:

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 304/2013, sobre reclamación de cantidade, promovidos por Enrique Vilariño Feáns, asistido pola letrada Rosa Vila Amarelle contra Moure Pan, S.L., que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, aínda que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Moure Pan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

A secretaria xudicial