1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 50/2014.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novos sistemas de información nos eidos de benestar e emprego da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: si, 2.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 297.516,00 €, máis 62.478,36 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 359.994,36 €, que se distribúe por lotes como segue:
Lote 1: sistemas de información para os servizos de Protección de Menores e Xustiza Penal Xuvenil da Subdirección Xeral de Familia e Menores.
2014: 123.965,00 € + IVE (26.032,65 €) = 149.997,65 €.
2015: 123.965,00 € + IVE (26.032,65 €) = 149.997,65 €.
Total: 247.930,00 € + IVE (52.065,30 €) = 299.995,30 €.
Lote 2: desenvolvemento da aplicación de xestión de apertura de centros de traballo e integración en W@ndA e sede electrónica do procedemento.
2014: 24.793,00 € + IVE (5.206,53 €) = 29.999,53 €.
2015: 24.793,00 € + IVE (5.206,53 €) = 29.999,53 €.
Total: 49.586,00 € + IVE (10.413,06 €) = 59.999,06 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20562.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 7.7.2014, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro da Amtega.
2. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario:
12. Data de envío ao DOUE: 28.5.2014.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
