Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25532

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 8 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro) convocouse concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional do Servizo Galego de Saúde.

Por Resolución do 20 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 43, do 4 de marzo) procedeuse á corrección de erros dos anexos III e IV da antedita resolución, coa reapertura nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía, fisioterapeuta, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría dun prazo dun mes para a presentación de solicitudes, que finalizou o pasado 4 de abril.

Rematado este último prazo e de conformidade coa base 11.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías convocadas están publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 11.2 da convocatoria as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso.

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as para participar neste concurso e que fará públicas as puntuacións e destinos provisionalmente asignados.

As persoas solicitantes que dentro do prazo indicado nesta resolución non emenden o/s defecto/s motivo da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos