Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica ás persoas interesadas as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, expediente 15/50238/06A e dous máis.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Os/as interesados/as poden recoller a resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento da dita resolución e constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. As persoas interesadas poderán interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 15/50238/06A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Moldes González, Guadalupe.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Tineo, San Fiz de Monfero, 15169, Monfero (A Coruña).

Procedemento: expediente número 15/50278/06A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesado: Martíns Moutinho, Albertino.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda

Último enderezo coñecido: Tineo, San Fiz de Monfero, 15169, Monfero (A Coruña).

Procedemento: expediente número 15/00449/07B, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

Interesada: Calma Rural, S.C.

Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

Último enderezo coñecido: Tarrío, s/n, Bama, 15822, Touro (A Coruña).