Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de maio de 2014, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Asociación Sectorial de Hostelería de Pontevedra e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Asoc. Sectorial de Hostelería de Pontevedra

G36461911

Lg. Viliquín, 24, bx.

36967 Meaño, Pontevedra

500140006748

500140006749

7.229,31 €

1.389,42 €

Asoc. Pedagóxia Ica-Ateneo

G36865327

P. de Compostela, 5-2

36201 Vigo, Pontevedra

500140006738

500140006740

2.881,88 €

579,52 €

Fundación Instituto Estudios Políticos e Sociais

G15723109

Juan Flórez, 109-113, local 7, bx.

15005 A Coruña

500140006744

500140006745

78,14 €

15,03 €

Embarcaciones Nautipol, S.L.

B36507788

A Pasaxe, s/n, Camposancos

36788 A Guarda, Pontevedra

500140004689

500140004690

30.596,87 €

295,98 €

Correctores Gallegos, S.L.

B36957181

Polígono Empresarial de Vilamarín

32140 Vilamarín, Ourense

500140006701

500140006725

153.542,74 €

41.816,64 €