Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 27 de maio de 2014, da Delegación da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia (Feliciano Álvarez Álvarez).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio deste anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

O interesado, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría, departamento de Notificacións, da Delegación da Coruña da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na praza de Pontevedra, 22, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de maio de 2014

Regina Losada Trabada
Delegada da Coruña

ANEXO

Interesado

Órgano tramitador

Procedemento

Álvarez Álvarez, Feliciano

NIF 35187881C

Unidade de Inspección Tributaria

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Comunicación e dilixencias de inspección e citación para sinatura de acta con data do 9 de xullo de 2014

Expte. INS/2014/15/000/12

Doc.: 511140000217