Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25537

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (544/2012).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de María del Carmen Pedreira Carro, Josefa Pedreira Carro, Manuel Pedro Pedreira Carro fronte a herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Bugía Barreiro se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza: 124/2013.

Betanzos, 17 de outubro de 2013.

Os presentes autos de xuízo ordinario número 544/2012 foron vistos por Carmen Castro Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos. Foron demandantes Josefa Pedreira Carro, María del Carmen Pedreira Carro e Manuel Pedro Pedreira Carro, representados polo procurador dos tribunais Anxo Picatoste Leis e asistidos pola letrado Loreto Caseiras Arroio. Foi demandado os seus herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Bugía Barreiro. Sobre declaración de propiedade e outros extremos.

Decido.

Que estimando a demanda interposta polo procurador Ángel Picatoste Leis, en nome e representación de Josefa Pedreira Carro, María del Carmen Pedreira Carro e Manuel Pedro Pedreira Carro, debo declarar e declaro o dominio da leira sita no termo municipal de Betanzos, na parroquia de Requián, ao lugar de Casas Novas, leira rexistral número 9.938, ao tomo 877, folio 18, do Rexistro da Propiedade de Betanzos, a favor da comunidade hereditaria xurdida ao falecemento de Manuel Pedreira Gómez e Josefa Gómez Carro, formada polos seus tres fillos Josefa Pedreira Carro, María del Carmen Pedreira Carro e Manuel Pedro Pedreira Carro, procedendo cancelar a inscrición rexistral contraditoria deste dominio.

Non se fai imposición de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

E atopándose o devandito demandado, herdeiros descoñecidos e incertos de Juan Bugía Barreiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial