Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25516

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2014, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo A fronteira entre Galicia e Portugal

42.350 €

24.2.2014

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo As mulleres na arte galega contemporánea: a figura de Elena Colmeiro

42.350 €

28.2.2014

Convenio entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do estudo Os galegos nas letras cubanas: a figura e a obra de Lino Novás

42.350 €

7.3.2014

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística

4.000 €

25.3.2014

Addenda ao convenio entre o Consello da Cultura Galega e Festa da palabra silenciada. Publicación galega feminista para a doazón dun conxunto de números da revista

Sen dotación económica

2.4.2014

Addenda ao convenio entre o Consello da Cultura Galega e Andaina. Revista galega de pensamento feminista para a doazón dunha colección completa dos números publicados da revista

Sen dotación económica

7.4.2014