Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25895

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de licitación para a contratación mediante procedemento aberto da obra do pavillón polideportivo municipal da Marisma, incluída no proxecto Marisma Máis, promovido por este concello e cofinanciado polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Tras ser aprobado polo Pleno en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 23 de maio de 2014 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar a execución da obra do pavillón polideportivo municipal da Marisma, Redondela, incluída no proxecto Marisma Máis promovido polo Concello de Redondela, aprobado no marco da convocatoria para o período 2011-2013 do eixe 5 de desenvolvemento local e urbano e cofinanciado polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, faise público, para efectos de presentación de ofertas polos licitadores interesados, o seguinte anuncio:

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: contratación das obras comprendidas no proxecto da obra do pavillón polideportivo municipal da Marisma, Redondela.

Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

Lotes: non.

Prazo de execución: oito (8) meses; deberá, en todo caso, estar certificada a obra na súa totalidade como data límite o 15 de marzo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 1.942.148,76 euros máis IVE. Total: 2.350.000 euros.

5. Garantía provisional: 3 % do orzamento do contrato, IVE excluído.

6. Garantía definitiva: 10 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Obtención da documentación e información: perfil de contratante da páxina web do Concello de Redondela e oficina de Contratación situada na planta baixa da casa do concello, rúa Alfonso XII, 2, Redondela. Teléfono: 986 40 03 00. Fax: 986 40 38 94. Correo electrónico: contratacion@redondela.es

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

O proxecto técnico en formato dixital estará depositado na copistaría Copy, sita na praza da Constitución de Redondela, teléfono 986 40 43 49.

8. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo C, subgrupo 2 e 3, categoría F.

9. Presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da última publicación do correspondente anuncio de licitación no perfil de contratante, no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida no número 9.2 da cláusula IX do prego de cláusulas administrativas particulares (declaración responsable, sobre número 1 Memoria e sobre 2 Oferta económica e melloras).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada ao enderezo rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 14.00 horas do último día do prazo. Se o último día fose sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 40 38 94) ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de ofertas.

Data e hora: 14.00 horas do terceiro día hábil (non sábado) seguinte á data na que conclúa o prazo de presentación (agás que faltase algunha proposición por recibir, caso en que se fixará un novo prazo logo de aviso no perfil de contratante).

11. Criterios de valoración das ofertas: os establecidos na cláusula XI do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Documentación que presentará o licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa: a exixida na cláusula XII do prego de cláusulas administrativas.

13. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 1.400 euros.

14. Páxina web para obtención de información: www.redondela-server.net

Redondela, 23 de maio de 2014

Javier Bas Corugeira
Alcalde