Mediante Resolución do 26 de novembro de 2013 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape á primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 229, do 29 de novembro de 2013) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2014, en réxime de concorrencia non competitiva.
Na dita resolución, no seu punto cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
Tendo en conta o número de solicitudes recibidas por tipo de destinatario e tratando de dar resposta á demanda de axuda, semella oportuno redistribuír os créditos orzamentarios segundo os destinatarios das axudas establecidas nestas bases.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Redistribúense os créditos orzamentarios por tipo de destinatario para as axudas do Igape á primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 229, do 29 de novembro de 2013), quedando establecidos do seguinte xeito:
| Partida orzamentaria: 08.A1.741A | ||||
| Nº conta | 7708 | 7814 | 7451 | Total | 
| 2014 | 95.000 | 4.000 | 1.000 | 100.000 | 
| 2015 | 3.643.155 | 301.000 | 55.845 | 4.000.000 | 
| Total | 3.738.155 | 305.000 | 56.845 | 4.100.000 | 
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

