Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de maio de 2014 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-17-14-08.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado por Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes cortado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-17-14-08

Celador do porto

Bueuocio, S.L

Rúa Montero Ríos, 173

36930 Bueu (Pontevedra)

Instalación de terraza sen autorización.

27.7.2013

Bueu (Pontevedra)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM.

Artigos 58 e 60 da OM do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

300 €