Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 28 de abril de 2014 (DOG número 88, do 9 de maio) ao cal foron convocados os/as funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de auxiliar de informática, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de auxiliar de informática, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG número 234, do 2 de decembro), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 12 de maio de 2014.
Segundo. De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda