Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de maio de 2014 pola que se notifica a resolución de liquidación de xuros de demora derivados dos pagamentos fraccionados efectuados no expediente 107B 2002/012-0 (6ª multa coercitiva), devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 16 de decembro de 2013, resolución pola que se aproba a liquidación dos xuros de demora derivados dos pagamentos fraccionados efectuados por María Jesús Pérez Prado no expediente 107B 2002/012-0 (6ª multa coercitiva).

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou ben directamente reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á recepción desta notificación. O escrito de interposición dirixirase ao órgano administrativo que ditou o acto reclamable, de conformidade co establecido no artigo 235.3 da Lei xeral tributaria.

Para que conste e lle sirva de notificación da resolución á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística