Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 28 de maio de 2014, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na citación con referencia 36R002/C-CAM-4/2014 do expediente 36R001/1855/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 7º andar, Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de maio de 2014

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Citación: referencia 36R002/C-CAM-4/2014 (expediente núm. 36R001/1855/2013).

Interesado: Germán Fernández Fernández (Carballal Construcciones e Instalaciones, S.L.).

NIF: 34927056-S.

Acto notificado: citación.