Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información nos ámbitos do emprego, educación e benestar da Xunta de Galicia (expediente 44/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 44/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte, resolución de incidencias e explotación de datos en sistemas de información nos ámbitos de emprego, educación e benestar da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 4.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 2.069.421,48 €, máis 434.578,52 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.504.000,00 €, distribuíndose por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: sistema de información de intermediación laboral do servizo público de emprego de Galicia (SPEG): 714.049,59 € + IVE (149.950,41 €) = 864.000,00 €.

Lote 2: sistemas de información de orientación laboral do SPEG: 132.231,40 € + IVE (27.768,60 €) = 160.000,00 €.

Lote 3: sistema de información galego de atención á dependencia (SIGAD): 892.561,98 € + IVE (187.438,02 €) = 1.080.000,00 €.

Lote 4: sistema de información do proxecto Abalar: 330.578,51 € + IVE (69.421,49 €) = 400.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20658

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 16.7.2014, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 6 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia