Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (784/2013).

Procedemento ordinario: 784/2013.

Sobre: ordinario.

Demandante: José Manuel Espasandín Varela.

Demandados: Grupo Empresarial Manuel Horta, S.L., Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución de data 15 de maio de 2014 dirixida a Manuel Horta, S.L.; poderá interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días e fáiselle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Empresarial Manuel Horta, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2014

A secretaria xudicial