Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009) relativa aos expedientes TR345B 2009/111-1 e cinco máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucions poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 22 de maio de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2009/111-1.

Nome ou razón social: La Calabaza Verde, S.C.

Último enderezo coñecido: estrada de Cedeira, km 8, 15552 Valdoviño, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/471-1.

Nome ou razón social: Visagismo, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Agra de Bragua, 57, 6º, 15010 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/518-1.

Nome ou razón social: Carma Tintorerías, S.C.

Último enderezo coñecido: rúa Frei Lois Rodríguez, 8, 15200 Noia, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigos 4.b) e 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/555-1.

Nome ou razón social: Confirmsign, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 21, 1º D, 15179 Oleiros, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigos 4.d) e 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/587-1.

Nome ou razón social: Juan Antonio Pumar Alves.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Salorio Suárez, 12, semisoto, 15010 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/796-1.

Nome ou razón social: La Terraza del Franco, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa do Franco, 50, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.