Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 6 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo números L-5/13 e P-24/13.

Segundo consta nos expedientes, intentada a práctica da notificación ás persoas que se citan no anexo, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo L-5/13 e P-24/13 que se relacionan no anexo que se achega, non foi posible efectuala polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, acorda, proceder á notificación das ditas resolucións por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de edictos dos concellos de Lugo e Vigo respectivamente, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

Os interesados poderán examinar as citadas resolucións completas no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra as resolucións dos expedientes indicados, que non esgotan a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, podendo interporse o dito recurso ou calquera outro que estime pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: L-5/13.

Interesado: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445Y.

Último enderezo coñecido: rúa das Hortas, 39, 4º B, 27004 Lugo.

Data da resolución: 9 de abril de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: apercibimento.

Expediente: P-24/13.

Interesado: Carlos Balado Vázquez.

DNI/NIF: 78798534M.

Último enderezo coñecido: rúa García Barbón, 45, 36201 Vigo (Pontevedra).

Data da resolución: 23 de abril de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 29.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: apercibimento.