Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27336

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 15.1 da Orde do 21 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma galega, procédese á publicación das subvencións concedidas.

Crédito orzamentario inicial de 256.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201400027.

No que se refire aos beneficiarios, importe e finalidade, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Orde

Entidade

Programa

Contía programa

1

Asociación ATOX

Piso de acollida para a incorporación social

40.000 €

2

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos I

40.000 €

3

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos II

40.000 €

4

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos III

40.000 €

5

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento, social e laboral, ao drogodependente

40.000 €