Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27524

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 69/2014, do 17 de xuño, polo que se dispón que cese Agustín Hernández Fernández de Rojas como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a desempeñar outro cargo público, na súa condición de conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández de Rojas, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de dous mil catorce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente