Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27639

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiro/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), acordou que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 26 de xuño de 2014 e que o lugar de realización será a Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), nas aulas 5 e 6, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Pontevedra, 9 de xuño de 2014

José Manuel González González
Presidente do tribunal