Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28012

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ao alleamento de aproveitamentos madeireiros no dominio público da Rede Autonómica de Estradas de Galicia en Pontevedra.

De conformidade co previsto nos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáselle publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ao alleamento de aproveitamentos madeireiros no dominio público da Rede Autonómica de Estradas de Galicia en Pontevedra, que ten as seguintes características:

• Actividade: a Axencia Galega de Infraestruturas tramitará o alleamento dos aproveitamentos madeireiros no dominio público da Rede Autonómica de Estradas de Galicia en Pontevedra, e encargarase da dirección e seguimento dos traballos.

• Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

Prazo de vixencia: o período de CA02-130614-0009 vixencia abranguerá desde a autorización ata a completa finalización e recepción dos traballos, que se estima para decembro de 2015. Neste período inclúense as posibles prórrogas que poida exixir a execución dos traballos.

Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas