Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballeda de Valdeorras (expediente IN407A 2014/4-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Pizarras Lomba, S.L.

Domicilio social: Florencio Delgado Gurriarán, 15-3º, 32300 O Barco de Valdeorras.

Denominación: LMT Pizarras Lomba.

Situación: Casaio.

Características técnicas:

LMT a 20 kV de 121 m de lonxitude, en condutor LA-110 sobre dous apoios metálicos, ten a súa orixe no apoio nº 5 da LMT a Pizarras Rozadais e final no CT existente do peticionario, con paso aéreo a subterráneo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de maio de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense