Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28069

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a Resolución LD 4/2014 da mesma data, de convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de supervisor/a de área funcional-Área Médica.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Xestión Integrada de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de supervisor/a de área funcional-Área Médica da Xestión Integrada de Vigo, segundo se especifica no anexo desta resolución.

Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados, deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de maio de 2014

Mario González González
Xerente da Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional-Área Médica da Xestión Integrada de Vigo.

Procedemento de provisión: libre designación.

Nº de vacantes: 1.