Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0040/2014-ORS e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución dos expedientes PSC-PO-0040/2014-ORS, PSC-PO-0080/2014-PPM e PSC-PO-0085/2014-PPM.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 5 de xuño de 2014

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0040/2014-ORS.

Persoa interesada: Minombre, S.A.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Outeiro de Penas, 126, Cesantes, Redondela.

Expediente: PSC-PO-0080/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan José Allo Allo.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: rúa A Torre, Illa de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0085/2014-PPM.

Persoa interesada: Carlos Iglesias Otero.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: A Modia, 56, Cambados.