Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28247

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de delimitación de solo do núcleo rural de Cristimil, Las (San Cibrao).

Incoado expediente por instancia de Servando García Ada, de delimitación de solo do núcleo rural de Cristimil, Las (San Cibrao), de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia na redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, queda aberto un período de información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG e nos xornais La Voz de Galicia e La Región. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computarase desde a derradeira publicación. O proxecto e o expediente da súa razón atópanse de manifesto na Secretaría Xeral do Concello de San Amaro, onde poden ser consultados de luns a venres en horario laborable.

San Amaro, 29 de maio de 2014

Ernesto Pérez González
Alcalde