Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre as bases polas que se regula a concesión de subvención a familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 133, do 12 de xuño de 2014, publícanse as bases polas que se regula a concesión de subvencións ás familias con escasos recursos para a adquisición de material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2014-2015, aprobadas polo Decreto 14005452, do 5 de xuño de 2014.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Clemente López Orozco
Alcalde