Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28262

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 72/2014, do 20 de xuño, polo que se dispón que cese Teresa María Gutiérrez López como directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xuño de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Teresa María Gutiérrez López, como directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de dous mil catorce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.