Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 4 de xuño de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:
– Na páxina 25219, no punto IV, Tribunal avaliador das probas de acceso ás ensinanzas de grao medio na EASD Antonio Faílde, en Ourense, onde di: «Presidente titular: José Manuel González Rivera», debe dicir: «Presidente titular: Xosé Manoel González Rivera», e onde di: «Presidente suplente: José Manuel Seoane Feijóo», debe dicir: «Presidente suplente: Manuel Seoane Feijóo».