Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2013/177-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Nº de expediente: IN407A 2013/177-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I do proxecto LMTS, CTC rúa Saturnino Cuíñas-rúa Xílgaro.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,192 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS CBL-702, no tramo entre o CT cemiterio vello, 11 (expediente 355/03) e o CS Forum Carballo (expediente 161/12), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al) e final no CTC rúa Saturnino Cuiñas proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña