Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia do procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva dos elementos, dispositivos e actividades necesarias, que garantan a instalación dunha rede multiservizo, a instalación do sistema de cableado estruturado (SCE) e a comprobación (auditorías) das infraestruturas de cableado estruturado existente (MS-SER1-14-028), anunciado por resolución do 28 de abril de 2014 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia número 93, do 16 de maio, Boletín Oficial del Estado número 124, do 22 de maio e Diario Oficial de la Unión Europea número 2014/S 088-153671, do 7 de maio) e polo que se anuncia a nova convocatoria do citado procedemento.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase a desistencia do procedemento anunciado por Resolución do 28 de abril de 2014 da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde e nova convocatoria do procedemento aberto para a contratación da subministración sucesiva dos elementos, dispositivos e actividades necesarias, que garantan a instalación dunha rede multiservizo, a instalación do sistema de cableado estruturado (SCE), e a comprobación (auditorías), das infraestruturas de cableado estruturado existente (MS-SER1-14-036).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 11 de xullo de 2014.

d) Número de expediente: MS-SER1-14-036.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva dos elementos, dispositivos e actividades necesarias que garantan a instalación dunha rede multiservizo, a instalación do sistema de cableado estruturado (SCE), e a comprobación (auditorías), das infraestruturas de cableado estruturado existente.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 36 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 31711000-3.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Oferta técnica

• Características dos sistemas de cableado estruturado propostos.

• Características dos materiais propostos.

• Características dos armarios propostos.

Plan de traballo

• Modelo de seguimento.

• Metodoloxía da instalación

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica (prezo)

Horas de auditoría

0-50 puntos

0-30 puntos

0-15

0-10

0-5

0-20 puntos

0-10

0-10

0-50 puntos

0-40 puntos

0-10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 2.183.420,84 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.364.638,02 euros. Importe total: 1.651.212 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver os números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 11 de xullo de 2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver o número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xuño de 2014.

12. Outras informacións: ver o número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos