Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do acordo polo que se convoca o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local.

RESOLVO:

O Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do día 20 de xuño de 2014, aprobou as bases que rexerán o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada de ámbito local e acordou a súa convocatoria.

Primeiro. Entidade adxudicadora

O órgano competente para adxudicar a licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de ámbito local é o Consello da Xunta de Galicia.

A Secretaría Xeral de Medios é o órgano competente para a tramitación das solicitudes.

Segundo. Obxecto do concurso

26 licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada que se detallan no anexo desta resolución.

Terceiro. Garantías

Determinadas no anexo III das bases.

Cuarto. Prazo e lugar de presentación

Prazo de presentación: as solicitudes poderán presentarse en horario de apertura do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo San Caetano dentro do prazo de trinta (30) días contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación: a solicitude (anexo II das bases) debidamente cuberta e os sobres pechados que conteñan a documentación sinalada nas bases deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo San Caetano.

Así mesmo, a presentación poderá realizarse mediante envío por correo certificado con destino ao dito rexistro, caso en que o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío e comunicar no mesmo día á Secretaría Xeral de Medios, por fax ao número 981 54 12 89 ou telegrama, a remisión da solicitude, que deberá ser, en todo caso, anterior á finalización do prazo para a prestación de solicitudes. Esta acreditación poderá realizarse tamén por correo electrónico ao enderezo radiodifusion.sxmedios@xunta.es, ben que este medio soamente será válido se existe constancia da súa transmisión e recepción, das súas datas, do contido íntegro das comunicacións e de se se identifica fidedignamente o remitente e o destinatario.

Quinto. Forma de presentación

A establecida nas bases do concurso.

Sexto. Modelo de solicitude

O que figura como anexo II das bases do concurso.

Sétimo. Obtención da documentación

As bases e os seus anexos estarán á disposición dos solicitantes:

a) No seguinte enderezo da internet: http://medios.xunta.es

b) Nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais da Secretaría Xeral de Medios, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña).

Oitavo. Teléfonos de información

981 54 43 22/981 54 12 30.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Ref.

Denominación

Canle

P.R.A.

Ámbito

Superficie total

Densidade
de poboación

Licenzas dispoñibles

TL01C

Carballo

52

500 W

Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe

557,43 km2

74 hab/km2

1

TL03C

Ferrol

34

1 kW

Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Neda, Mugardos, Ares e San Sadurniño

346,34 km2

445 hab/km2

1

TL06C

Vimianzo

51

50 W

Vimianzo, Cee, Camariñas, Muxía, Zas, Fisterra, Dumbría e Corcubión

711,94 km2

65 hab/km2

2

TL07C

As Pontes de García Rodríguez

24

100 W

As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela e Muras

702,43 km2

225 hab/km2

3

TL01LU

Chantada

52

50 W

Chantada, Taboada e Carballedo

442,85 km2

38 hab/km2

2

TL03LU

Monforte de Lemos

49

100 W

Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Sober, A Pobra do Brollón e Bóveda

940,48 km2

38 hab/km2

1

TL04LU

Vilalba

64

100 W

Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Begonte, Abadín e Xermade

1.691,16 km2

28 hab/km2

2

TL05LU

Viveiro

40

100 W

Viveiro, Foz, Ribadeo, Burela, Cervo, Xove e Barreiros

565,75 km2

96 hab/km2

2

TL01OU

O Barco de Valdeorras

56

100 W

O Barco de Valdeorras, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, A Veiga, O Bolo e Petín

769,68 km2

37 hab/km2

2

TL02OU

O Carballiño

49

100 W

O Carballiño, Boborás, Maside, San Cristovo de Cea, O Irixo, Piñor, Beariz e San Amaro

535,34 km2

54 hab/km2

2

TL04OU

Verín

49

100 W

Verín, Monterrei, Vilardevós, Cualedro, Riós, Oímbra, Laza e Castrelo do Val

1.061,38 km2

27 hab/km2

2

TL02PO

Ponteareas

29

100 W

Ponteareas, Tui, Salvaterra de Miño, Mondariz e As Neves

407,04 km2

135 hab/km2

1

TL03PO

Pontevedra

29

1 kW

Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa e Cotobade

447,46 km2

300 hab/km2

3

TL05PO

Vilagarcía de Arousa

47

500 W

Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis

524,14 km2

225 hab/km2

2