Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, da montaxe da exposición No Camiño/On The Road, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, mediante tramitación urxente e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 30 de decembro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos para a montaxe da exposición No Camiño/On the Road.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 152.215 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xuño de 2014.

c) Adxudicatario: Daexga Servicios Integrales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 133.700 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia