Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de xuño de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia, no expediente número IU1/140/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a María del Carmen González Acevedo, no expediente número IU1/140/2012 en relación cos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 4 de novembro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes en parcelación urbanística e obras de construción de edificacións, situadas no lugar de Campos de Pousada, As Travesas, parroquia de Beira, no termo municipal de Carral, provincia da Coruña.

O expediente mencionado encóntrase á disposición da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística