Por Decreto de Alcaldía do 12 de xuño de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 18/14).
2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de mantemento das instalacións de iluminación pública municipal.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 84.000 € (69.421,49 € máis 14.578,51 € en concepto de IVE), polo prazo de 2 anos, con posibilidade de prórroga dun (1) ano.
5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 12 de xuño de 2014
José Nelson Santos Argibay
Alcalde
